mercado_tradicional_san_ramon_o_allo

Volve o Mercado Tradicional de San Ramón ás Torres do Allo

  • A contorna do pazo acolle este sábado, 31 de agosto, entre as 11:00 e 14:30 horas o mercado de San Ramón no que non faltarán os postos de productos ecolóxicos e artesanais
  • Ás 13:00 horas haberá unha visita guiada especial centrada na festividade de San Ramón

Dende as Torres do Allo queremos rmanter o noso compromiso de recuperar a tradición cultural da Festa de San Ramón no Allo coa instalación dun Mercado con produtos artesanais da comarca na contorna do pazo. O obxectivo é achegar aos veciños e veciñas do Allo e máis aos visitantes do pazo parte da etnografía e da artesanía da comarca, colaborando coa celebración dunha romaría que ten máis de catro séculos de historia.

Pecharemos a programación estival do pazo máis antigo de Galicia na festa de San Ramón, o día 31 de agosto, a partir das 11he ata ás 14:30h, co Mercado de San Ramón. Ademais da posibilidade de mercar produtos ecolóxicos ou artesanais coma liño, encaixe, sancosmeiros, cestos, xabóns, mel, etc., ofreceremos unha visita guiada especial nas Torres do Allo centrada na temática da festividade de San Ramón.

A actividade, organizada polo Concello de Zas, trata de recuperar a nosa cultura viva, achegándoa ao noso tempo de lecer, de maneira que o público asistente poida desfrutar da historia e a etnografía da zona participando dela, vivíndoa.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...