mercado_tradicional_san_ramon_o_allo

Volve o Mercado Tradicional de San Ramón ás Torres do Allo

  • A contorna do pazo acolle este sábado, 31 de agosto, entre as 11:00 e 14:30 horas o mercado de San Ramón no que non faltarán os postos de productos ecolóxicos e artesanais
  • Ás 13:00 horas haberá unha visita guiada especial centrada na festividade de San Ramón

Dende as Torres do Allo queremos rmanter o noso compromiso de recuperar a tradición cultural da Festa de San Ramón no Allo coa instalación dun Mercado con produtos artesanais da comarca na contorna do pazo. O obxectivo é achegar aos veciños e veciñas do Allo e máis aos visitantes do pazo parte da etnografía e da artesanía da comarca, colaborando coa celebración dunha romaría que ten máis de catro séculos de historia.

Pecharemos a programación estival do pazo máis antigo de Galicia na festa de San Ramón, o día 31 de agosto, a partir das 11h. e ata ás 14:30h, co Mercado de San Ramón. Ademais da posibilidade de mercar produtos ecolóxicos ou artesanais coma liño, encaixe, sancosmeiros, cestos, xabóns, mel, etc., ofreceremos unha visita guiada especial nas Torres do Allo centrada na temática da festividade de San Ramón.

A actividade, organizada polo Concello de Zas, trata de recuperar a nosa cultura viva, achegándoa ao noso tempo de lecer, de maneira que o público asistente poida desfrutar da historia e a etnografía da zona participando dela, vivíndoa.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 octubre, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.