Urbanismo e Ordenación do Territorio

Descubre todo o que se desenrola dende o departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio do Concello de Zas

Presentación do departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio do Concello de Zas

O Departamento de Urbanismo do Concello de Zas é o punto de referencia para a planificación, a xestión do solo e as licenzas de obras e actividades. Traballamos para un desenvolvemento equilibrado e sostible das nosas parroquias, velando polo cumprimento da normativa, a calidade urbana e a protección do patrimonio e da paisaxe.

O Concello de Zas foi o primeiro da Costa da Morte en contar cun Plan Xeral adaptado á normativa urbanística vixente. A aprobación definitiva do noso PXOM culminou unha intensa labor técnica e administrativa para solventar todas as cuestións requiridas pola Dirección Xeral de Urbanismo. Neste apartado poñemos á súa disposición as normativas e as planimetrías resultantes deste traballo —agardamos que lles sexan de grande utilidade— e lembrámoslle que as portas do Concello están sempre abertas para calquera consulta ou suxestión. Aquí tamén poderás consultar o PXOM (planos, normativa e fichas) e atopar información práctica para tramitar permisos e resolver dúbidas.

Ademais, o Concello de Zas dispón dun Punto de Información Catastral (PIC) situado na Praza do Campo, s/n (1º andar da Casa Consistorial), 15850 Zas. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. Neste servizo poderá solicitar información catastral e a emisión de certificacións. Taxas vixentes: certificación literal: 6 €; certificación descriptiva e gráfica: 12 €.

Datos de contacto do departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio do Concello de Zas

Datos de contacto

Horario de atención:

De luns a venres de 9:00 a 14:00h

Punto de información catastral (PIC)

Praza do campo, s/n – 15850 – Zas
Oficina: 1º andar da Casa Consistorial
Horario de atención ao público: De 9 a 14 horas de Luns a Venres.

Taxas

  • Certificación literal = 6€
  • Certificación descriptiva e gráfica = 12€

Programas realizados polo departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio do Concello de Zas

Contacta co departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio

Rechea o seguinte formulario de contacto e en breve contactarán contigo dende Urbanismo e Ordenación do Territorio do Concello de Zas.

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, infórmase de que os datos persoais recollidos a través deste formulario serán tratados polo Concello de Zas, na súa condición de Responsable do Tratamento, coa finalidade de xestionar as consultas, solicitudes ou comunicacións remitidas a través do mesmo.

  • Lexitimación: o tratamento baséase no consentimento da persoa interesada, prestado ao cubrir e enviar o formulario.

  • Destinatarios: os datos non se comunicarán a terceiros, salvo obrigación legal.

  • Conservación: os datos conservaranse o tempo necesario para atender a solicitude e cumprir coas obrigas legais correspondentes.

  • Dereitos: as persoas interesadas poden acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos, dirixíndose por escrito ao Concello de Zas (Rúa do Concello, nº 67, 15150 Zas – A Coruña) ou ao correo electrónico: concello@concellodezas.gal, acompañando copia do seu documento de identidade.

  • Máis información: pode consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na Política de Privacidade da páxina web do Concello de Zas.

Amosar protección de datos