FOTO ZAS Os Premios Fouciño celebran en Baio a súa sexta edición cunha programación centrada na animación

Os Premios Fouciño celebran en Baio a súa sexta edición cunha programación centrada na animación

Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que este ano pon o foco na animación. O acto de apertura contou coa participación de Lito Velo, concelleiro de Zas e membro do xurado, xunto con representantes da asociación organizadora.

Durante o encontro, Velo lembrou os inicios do certame en 2016 e a súa evolución ao longo destas seis edicións. Nesta ocasión, o festival incorpora o Fouciño de Mabel, unha iniciativa dedicada a manter viva a memoria de Mabel Montes, unha das persoas impulsoras dos Premios Fouciño.

O concelleiro referiuse tamén á importancia da cultura como espazo de encontro e participación social, destacando o papel de iniciativas como os Premios Fouciño na programación cultural de Baio.

Pola súa banda, Alejandro Gándara, membro da asociación Premios Fouciño, agradeceu a colaboración do Concello de Zas na celebración do festival e destacou a importancia da cooperación entre a organización e as entidades que participan no desenvolvemento da iniciativa.

Unha fin de semana arredor do audiovisual galego

A programación continuará este venres con actividades no IES de Baio, onde Raquel Rodríguez ofrecerá unha charla arredor da animación. Pola tarde, o Local Fouciño acollerá a proxección de varias curtametraxes galegas de animación, entre elas ‘Homeless Home’, ‘The Monkey’, ‘Sandwich Cat’ e ‘O corpo de Cristo’. A xornada completarase cun concurso de dobraxe en directo.

O sábado 24 concentrará boa parte das actividades do festival, con propostas relacionadas coa creación audiovisual da mocidade, a presentación da curtametraxe realizada no obradoiro de documental da cooperativa A Furna e as proxeccións de ‘Jardín de Plástico’, de Daniela González, e ‘Os Poetas e o Lume’, unha peza creada desde o CEIP Labarta Pose de Baio.

Pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar a competición oficial, coa proxección das curtametraxes finalistas das categorías Xeral e Escolar e a votación dos Premios do Público.

A programación pecharase na praza Jorge Mira cunha noite de premios e música. Ás 22:00 horas actuará Mal Juicio e, ás 23:00 horas, celebrarase a entrega dos galardóns. A música continuará coas actuacións de ünder & Diego Flâneur, Laura Lamontagne, Skanderani e Ningún DJ.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.