concello_zas_2

Rematan as obras de asfaltado en máis de 22.000 m² de vías do Concello de Zas

Os traballos, que ascenderon a 90.000 euros, realizáronse nas estradas que comunican Baizana e Vilar (por A Parrocha); A Costa e A Devesa e o acceso a O Cadro

 

O Concello de Zas continúa mellorando a súa rede viaria. Precisamente nos pasados días remataron os traballos realizados en distintas parroquias do noso municipio co fin de mellorar, por unha parte, a seguridade vial e, por outra, os accesos a vivendas e a explotacións agrarias.

O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L. por un total de 90.947 euros con cargo ao POS+ 2018, consistiu no asfaltado de 3 treitos de diferentes lonxitudes situados nas parroquias de Loroño, Vilar, San Adrián de Castro e Zas afectando a unha superficie total de 22.174´12m². Os traballos consistiron na limpeza de cunetas e taxeas e na aplicación dun dobre rego asfáltico sobre o firme existente.

Para o Goberno local, encabezado por Manuel Muíño, a conservación e mellora da rede viaria municipal é unha prioridade polo que nos próximos meses levaranse a cabo máis actuacións en diferentes estradas de titularidade municipal.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...