FOTO ZAS Máis de 120 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán do Concello de Zas

Máis de 120 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán do Concello de Zas

Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma a elevada demanda desta iniciativa municipal e o seu papel fundamental como ferramenta de conciliación para as familias do concello durante o período estival.

Os campamentos desenvolveranse entre o 22 de xuño e o 28 de agosto nas Torres do Allo, distribuídos en cinco quendas, e contarán ademais cun servizo de madrugadores no que se anotaron 18 participantes. Do total de persoas inscritas, 15 corresponden a nenos e nenas non empadroados no municipio, mentres que o resto son menores empadroados ou escolarizados nos centros educativos do concello.

Co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes e garantir un acceso equilibrado ao servizo, o Concello realizou un importante esforzo organizativo para que todos os nenos e nenas empadroados e aqueles que cursan estudos nos colexios do municipio poidan participar en tres quendas, respectando na medida do posible as preferencias indicadas polas familias no momento da inscrición. No caso dos participantes non empadroados, asignóuselles unha quenda.

Para facer fronte á elevada participación e asegurar a calidade da atención e das actividades programadas, o Concello de Zas tivo que reforzar os recursos humanos destinados aos campamentos mediante a contratación de seis monitores e monitoras.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou o esforzo realizado pola administración local para dar resposta á demanda existente, explicando que “os campamentos de verán son un servizo moi valorado polas familias e unha das iniciativas máis importantes que desenvolvemos durante os meses estivais. Desde o Concello fixemos un importante esforzo organizativo e económico para que ningún neno ou nena quedase sen a oportunidade de participar”.

Muíño subliñou tamén que “a conciliación familiar segue sendo unha prioridade para este goberno municipal. A elevada cifra de inscricións demostra que este tipo de programas son necesarios e que as familias demandan recursos públicos que lles axuden a compatibilizar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.