FOTO ZAS Reunion informativa

O Concello e a veciñanza establecen unha fronte común contra un posible proxecto de explotación en Fornelos

O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para analizar as consecuencias da recente autorización da Xunta de Galicia do permiso de investigación mineira que afecta aos concellos de Zas, Cabana de Bergantiños e Laxe. O encontro reuniu a numerosos veciños e veciñas interesados en coñecer o alcance deste trámite administrativo e os seus posibles efectos sobre o territorio, así como a representantes da Plataforma en Contra da Mina de Coéns.

Durante a reunión, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, explicou que este permiso de investigación constitúe a fase previa a unha futura explotación mineira, polo que resulta “fundamental” mostrar xa dende este momento unha oposición firme, unida e decidida. Así mesmo, apuntou que as competencias en canto á minería lle corresponden ao estado español, mentres que o desenvolvemento e permisos dependen da Xunta de Galicia, non tendo o Concello competencias.

“Estamos ante o primeiro paso dun posible proxecto de explotación no futuro. os efectos desta futura mina afectarán ao tódolos veciños de Fornelos dada a proximidade da mesma a Fornelos e serán efectos devastadores para o medio e para as persoas”, sinalou o rexedor, quen trasladou á veciñanza a súa total disposición para dar “os pasos precisos para defender os intereses do territorio e evitar as consecuencias dun proxecto destas características, chegando os tribunais si fose preciso”.

Muíño explicou, así mesmo, que para extraer un quilogramo “precísase remover e procesar entre 8 e 12 kg de terra. A empresa ten pensado extraer en Coéns 9.000 toneladas anuais, o que suporía un movemento anual de terras de máis de 100.000 toneladas”.

Concello e asociación veciñal acordaron actuar de forma coordinada e manter unha fronte común ante unha iniciativa que, segundo se expuxo durante o encontro, podería ter importantes repercusións sobre a paisaxe, a actividade económica local, o medio natural e a calidade de vida da poboación.

Como primeira medida, ambas entidades elaboraron un modelo de recurso de reposición que estará a disposición da cidadanía para facilitar que todas aquelas persoas que o desexen poidan expresar formalmente a súa oposición ao permiso de investigación e deixar constancia da posición veciñal ante a Administración autonómica, prazo para presentar este recurso remata o 30 de xuño.

Durante a reunión tamén se informou de que calquera actuación relacionada coa investigación mineira que implique a realización de catas ou traballos en parcelas privadas deberá contar coa autorización das persoas propietarias, non podendo acceder ás fincas sen o seu consentimento.

Ademais, dende a organización lembran que calquera persoa pode asinar o recurso, sen necesidade de estar censada no Concello de Zas.

O arquivo co recurso está dispoñible para a súa descarga e sinatura AQUÍ.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.