Zas_diploma_roteiro_inclusivo_anpas

Os organizadores do Camiño Sen Límites agradecen a colaboración do Concello de Zas

  • Representantes da Federación Provincial de ANPAs A Coruña-Costa da Morte entregáronlle ao Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e aos membros de Protección Civil de Zas e Policía Local os diplomas de agradecemento
  • Na 5ª etapa do Camiño Sen Límites 2018, que tivo lugar en maio, estreouse o primeiro roteiro inclusivo do Concello de Zas que discorre dende A Braña (Baio Pequeno) ata os límites con O Mosquetín

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e representantes de Protección Civil de Zas e Policía Local recibiron esta mañá os diplomas de agradecemento da Federación Provincial de ANPAS A Coruña pola súa colaboración na III edición do Camiño Sen Límites da Costa da Morte. O Concello de Zas incorporouse a este roteiro revindicativo que percorre boa parte da Costa da Morte coa creación do primerio roteiro adaptado do Concello de Zas.

Os organizadores do Camiño Sen Límites destacaron a inmediatez coa que o Concello de Zas realizou as labores de acondicionamento que fixeron posible incluír este tramo dentro da III edición que se desenvolvíu a pasada primavera.

A 1ª senda inclusiva coa que conta o Concello de Zas discorre pola localidade de A Braña, en Baio Pequeño, ata o seu límite con O Mosquetín (Vimianzo). Nos meses previos realizáronse os traballos pertinentes para a eliminación das barreiras físicas e de acondicionamento do chan co fin de facelo transitable para todos e todas.

O camiño estreouse o 19 de maio durante a 5º etapa do Camiño SenLímites 2018 Roteiro Río Porto organizado pola Federación Provincial de Anpas da Coruña – Costa da Morte. Os participantes tiveron a oportunidade ademais de coñecer outros espazos do noso concello tales como o espazo natural de Pedra Vixía ou as Torres do Allo.

 

Durante a entrega do diploma, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, manifestou estar moi agradecido por este recoñecemento e aproveitou a ocasión para reiterar o apoio do Concello de Zas a este tipo de iniciativas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.