- Representantes da Federación Provincial de ANPAs A Coruña-Costa da Morte entregáronlle ao Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e aos membros de Protección Civil de Zas e Policía Local os diplomas de agradecemento
- Na 5ª etapa do Camiño Sen Límites 2018, que tivo lugar en maio, estreouse o primeiro roteiro inclusivo do Concello de Zas que discorre dende A Braña (Baio Pequeno) ata os límites con O Mosquetín
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e representantes de Protección Civil de Zas e Policía Local recibiron esta mañá os diplomas de agradecemento da Federación Provincial de ANPAS A Coruña pola súa colaboración na III edición do Camiño Sen Límites da Costa da Morte. O Concello de Zas incorporouse a este roteiro revindicativo que percorre boa parte da Costa da Morte coa creación do primerio roteiro adaptado do Concello de Zas.
Os organizadores do Camiño Sen Límites destacaron a inmediatez coa que o Concello de Zas realizou as labores de acondicionamento que fixeron posible incluír este tramo dentro da III edición que se desenvolvíu a pasada primavera.
A 1ª senda inclusiva coa que conta o Concello de Zas discorre pola localidade de A Braña, en Baio Pequeño, ata o seu límite con O Mosquetín (Vimianzo). Nos meses previos realizáronse os traballos pertinentes para a eliminación das barreiras físicas e de acondicionamento do chan co fin de facelo transitable para todos e todas.
O camiño estreouse o 19 de maio durante a 5º etapa do Camiño SenLímites 2018 Roteiro Río Porto organizado pola Federación Provincial de Anpas da Coruña – Costa da Morte. Os participantes tiveron a oportunidade ademais de coñecer outros espazos do noso concello tales como o espazo natural de Pedra Vixía ou as Torres do Allo.
Durante a entrega do diploma, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, manifestou estar moi agradecido por este recoñecemento e aproveitou a ocasión para reiterar o apoio do Concello de Zas a este tipo de iniciativas.