Concello-Zas-colector marron

O Concello de Zas implanta o colector marrón de uso exclusivo para os residuos orgánicos

O domingo, coincidindo coa feira de Baio, realizarase a primeira das accións informativas que se realizarán durante os vindeiros meses Instalarase a caprta “Ti tes a chave” na Praza Jorge Mira na que se lle ofrecerá información a todas as familias que desexen participar na iniciativa

Co fin de adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que indican tanto dende Europa como desde a Xunta de Galicia, o Concello de Zas implanta o colector marrón de uso exclusivo para os residuos orgánicos. Diversos estudos indican que case a metade do lixo que se produce no fogar é materia orgánica.

O colector marrón comezarase a implantar a principios do próximo ano no noso municipio. Unha das súas particularidades é que este será un depósito pechado polo que para facer uso del será necesario ter unha chave. Para iso, dende o Concello de Zas buscamos familias que desexen implicarse neste novo proxecto de recollida selectiva de residuos.

Durante estes meses realizaranse por todo o municipio diversas accións informativas. A primeira delas será o vindeiro domingo, na Praza Jorge Mira Pérez. Coincidindo coa feira de Baio, instalarase unha carpa baixo o nome “Ti Tes a Chave” á que se poden achegar todas aquelas familias que desexen sumarse á campaña. Alí farase a entraga da chave para abrir o colector xunto cun kit de benvida que consta dun cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo para facer un uso correcto do colector.

Accións informativas nos Centros de Ensino

As sesións informativas estenderanse ao centros de ensino ubicados no Concello de Zas. A primeira será o vindeiro luns, día 18, no CPI de Zas e na que haberá diferentes sesións adaptadas aos diferentes cursos académicos. Ao día seguinte, o martes 19, será a quenda do CEIP Labarta Pose e o día 26 realizaranse as sesións informativas no IES Maximino Romero de Lema.

Que residuos son para o colector marrón?

Os residuos que deben de ir no colector marrón son: restos de froita, verdura, carne e peixe; cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusións, papel de cociña, restos de prantas, cortizas,…. 

Pola contra, nunca deberán depositarse no colector marrón os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos ou calquera outro tipo de residuo non orgánico.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.