xantar_2018

Zas promociona as súas filloas na feira gastronómica Xantar

O sábado ás 16 horas realizarase unha demostración e repartiránse filloas entre os asistentes

 

Unha comitiva integrada por membros do Concello de Zas e da Asociación de Veciños Barolo – de Loroño – promocionarán as filloas de Zas no 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” que ten lugar na cidade de Ourense dende hoxe e até o vindeiro domingo.

 

A presentación das filloas de Zas realizarase o vindeiro sábado, 3 de febreiro, ás 16 horas. Alí realizarase unha demostración en directo da elaboración as filloas explicando cada un dos pasos do proceso e facendo especial fincapé no moado. Os asistentes degustarán as filloas no seu estilo máis tradicional e tamén probarán uns petiscos de vangarda elaborados coas filloas como base. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, presentará os distintos recursos turísticos do noso concello e tamén se falará de dúas festas de gran importancia dentro do noso municipio: a Festa da Filloa e a Festa da Carballeira. “A participación en Xantar axúdanos a poñer en valor as filloas de Zas así como potenciar toda a tradición que se agocha detrás dunha pedra de filloas”, sinala Muíño.

Ao longo destes días, proxectarase no marco do expositor da Deputación da Coruña un vídeo no que se promocionan os enclaves turísticos máis importantes de Zas e tamén se repartirá información sobre a Festa da Filloa que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. Neste mesmo enclave, tamén se poderán degustar as filloas.

Un amplo programa de actividades rodea o XIX Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2018 no que os organizadores esperan bater récord de  visitantes.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.