Cartel expo Lucet imagen destacada

O Centro Sociocultural de Baio acolle a mostra “Galicia en Luz e Cor: Unha viaxe visual polos seus mares, cidades e rostros”

O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de pintura “Galicia en Luz e Cor: Unha viaxe visual polos seus mares, cidades e rostros”.

A exposición poderase visitar do 28 de febreiro ao 28 de marzo, de martes a venres, en horario de 15:30 a 20:30 e os sábados, de 10:00 a 14:00 h.  Esta mostra eríxese como un sólido compendio de sensibilidades plásticas arredor da identidade galega, articulando un discurso visual que transita desde a inmensidade atlántica ata a intimidade do rural, desde o pulso urbano ata a épica silenciosa das xentes do mar e do campo.

Así, a través de técnicas diversas de acuarela, óleo, pastel, carbón e fotografía constrúese un mapa estético onde cada autor imprime a súa pegada estilística, evidenciando que a pluralidade formal non dilúe o relato común, senón que o enriquece con matices de fonda autenticidade.

As persoas creadoras que participan nesta exposición pertencen ao Grupo Lucet e son Rosario Puente, María José Puente, Melania Gómez, Ana Cancela, Julia San Martín, María del Carmen Valderde, Francisco Hervella, Dolores Mato e Salvador Galbán.

O grupo está conformado por creadoras e creadores plásticos que desenvolven na actualidade a súa actividade artística fundamentalmente arredor da técnica da acuarela, aínda que a proposta expositiva inclúe tamén pezas desenvolvidas en pastel, óleo e fotografía.

Ademais, varios dos seus integrantes contan cun relevante palmarés de premios acadados en exposicións e certames de pintura, o que supón un recoñecemento explícito á calidade técnica e ao valor estético das súas producións.

O alcalde, Manuel Muíño, desexou que “esta mostra teña unha gran acollida xa que configúrase como unha celebración da identidade galega a través de miradas diversas e complementarias, onde técnica, estilo e personalidade conflúen nun relato visual de notable coherencia e calidade artística”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.