Casa_Consistorial_Concello_de_Zas_1951_foto_Vidal

Zas polo Miúdo repasa a historia do municipio durante a época da ditadura franquista

A documentación elaborada por Xosé María Lema e Evaristo Domínguez Rial a raíz das actas municipais está publicada na páxina web do Concello de Zas

Xa se pode consultar no apartado “Zas polo Miúdo” da páxina web do Concello de Zas a cuarta parte da historia de Zas que se centra nos anos 1939 a 1978, coincidindo coa época da ditadura franquista.

Tomando como base as actas municipais,  Xosé María Lema e Evaristo Lema elaboraron unha nova entrega na que se repasan algúns dos feitos máis importantes que se viviron durante esta época no noso municipio.

Coincide nesta época a inauguración dalgúns dos edificios máis emblemáticos do noso municipio hoxe en día, tales como a Casa do Concello (inaugurada o 11 de outubro de 1951) ou as Escolas Agras Regueiro (27/06/1954) que foron “costeadas por el pueblo”. Foi nesta época tamén cando se creou un consorcio para a repoboación de montes na zona do Pico de Meda e que implicaba aos veciños de Carreira ou a chegada do alumeado público a Baio (ano 1963).

Nas actas municipais tamén se recolle a instalación dun campamento militar de Infantería e Artillería no zona da ponte Lodoso, en A Cacharoza-Baio, aló por maio de 1943. Durante case toda a etapa franquista, mantívose como alcalde de Zas Manuel Montero Barreiro. Foi o rexedor de Zas con máis anos no cargo xa que gobernou durante case 45 anos.

Estes e outros moitos datos pódense consultar no apartado de “Zas polo Miúdo” da páxina web do Concello de Zas ou ben a través da seguinte ligazón: http://www.concellodezas.org/media/documentos/historia_oficial_do_concello_de_Zas_IV_parte.pdf

Neste apartado pode consultarse tamén información sobre todas e cada unha das 16 parroquias que compoñen o noso municipio e a través da cal se repasan os datos de maior interese. Este é un proxecto posto en marcha polo Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, e co se pretende dar a coñecer e divulgar a nosa historia.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.