campamento-samain-2025

Zas celebra o Samaín cun campamento gratuíto para a razada de 3 a 12 anos

Será os días 31 de outubro e 3 de novembro no Centro Sociocultural de Zas de 10:00 a 14:00 horasPoderá asistir todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino de educación infantil e primaria do noso municipio

Con motivo da celebración do Samaín e co fin de facilitar a conciliación laboral de todas as familias con nenos e nenas matriculados en calquera dos centros de ensino de educación infantil e primania do noso municipio, os días 31 de outubro e 3 de novembro realizaremos un campamento de Samaín. 

Celebrarase no Centro Sociocultural de Zas en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e será gratuíto. Para participar é necesario anotarse ata o xoves, 30 de outubro, en calquera destes números de teléfono: 981 718 056 (de 15:30 a 20:30 horas) ou no 981 708 303 (de 08:00 a 15:00 horas).

O Concello de Zas é un dos poucos municipios da zona que ofrece unha alternativa para as familias durante estes días non lectivos.

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.