Carballeira_de_entrada_a_Daneiro_polo_S._Foto_EDR

Que ver nun fin de semana no Concello de Zas

Zas é un destino que sorprende pola súa combinación de natureza, historia e tradicións vivas. Pasar unha fin de semana neste concello da Costa da Morte significa gozar de paseos por carballeiras centenarias, descubrir dólmenes e pazos cargados de lenda, ou deixarse levar pola música e as festas populares que enchen de vida cada parroquia. Tanto se che apaixona a tranquilidade dos sendeiros fluviais como se buscas coñecer o patrimonio señorial ou mergullarte na autenticidade das súas celebracións, en Zas sempre atoparás un plan perfecto. Aquí propoñémosche unha guía para aproveitar ao máximo un sábado e un domingo no noso municipio, con experiencias que combinan lecer, cultura e tradición.

Que ver en Zas un sábado

Pola mañá, propoñémosche un paseo relaxante pola carballeira de Baio, espazo natural bañado polas augas do río Grande. Desde a súa marxe esquerda poderás dirixirte cara á área recreativa de Pedra Vixía e, polo camiño, encontrarte con antigos muíños. Desde a área, a poucos metros, seguindo polo lado esquerdo o río, descubrirás os restos do dolmen de Pedra Vixía.

Pola tarde, suxerímosche realizar a Ruta dos Pazos. Catro casas da nobreza galega de diferentes épocas, entre os cales está o considerado pazo máis antigo de Galicia, as Torres do Allo, fermoso edificio declarado BIC (Ben de Interese Cultural) que acolle na actualidade un centro de información turística. Os outros tres, Follente, Romelle e Edreiras, son de titularidade privada polo que só poderás coñeocer os seus exteriores.

Un fin de semana en Zas

Ten en conta que se a túa estancia no municipio de Zas coincide ser o primeiro sábado de agosto, terás unha cita obrigada na Festa da Carballeira de Zas, onde durante toda a xornada se celebra, ano tras ano, un dos festivais de música folk máis importantes de Galicia. Sen embrago, se che coincide de estar o cuarto sábado de agosto, deberás asistir á Romería de San Roque do Monte na parroquia de Mira, festa caracterizada pola puxa de galos, actos relixiosos, actuacións musicais e por unha multitudinaria merenda campestre.

Qué ver en Zas un domingo

Ao comezar o día, desfruta da pequena ruta de Zas a Rial de Abaixo. Nela, visitarás a súa carballeira e verás fermosas vistas do municipio desde os seus puntos máis elevados.

Tras o xantar, diríxete cara ao sur do concello para realizar a Ruta de Brandomil, con enclaves de visita obrigada para coñecer o pasado romano e megalítico deste territorio.

Un fin de semana en Zas

Se durante a túa estancia en Zas coincide ser a mañá do terceiro domingo de mes, achégate á localidade de Baio, onde ten lugar a feira mensual na que atoparás multitude de postos ambulantes que ofertan todo tipo de artigos. Sen embrago, se o teu paso por Zas é ao inicio do verán, o último domingo de xuño, asiste á Festa de la Carballeira de Baio, unha gran romería na que desfrutarás dun día cheo de actuacións musicais. Polo contrario, toma nota se nos visitas o primeiro domingo do mes de xullo cando terás oportunidade de ver a Rapa das Bestas de Carreira, evento no lugar de A Pedragueira no que os participantes son os encargados de reunir os cabalos para despois cortarlle as crins.

Carballeira de entrada a Daneiro polo S. Foto EDR
Tags :
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 Xaneiro, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.