Santa maría de lamas 00005

Qué ver nuns días no Concello de Zas

Pasar varios días en Zas é a mellor maneira de coñecer en profundidade a riqueza natural e cultural deste concello. Máis aló dunha escapada de fin de semana, terás tempo para descubrir miradoiros que abren as súas vistas ata o Atlántico, camiñar por bosques de ribeira que transmiten calma e mergullarte na autenticidade das súas parroquias. Esta guía está pensada para quen desexe explorar con calma: desde o Pico de Meda, a maior altura da comarca, ata o máxico entorno do Rabiñoso, onde o río marca límites entre aldeas, parroquias e mesmo comarcas. Ademais, Zas é un excelente punto de partida para visitar outros destinos da Costa da Morte, coma Vimianzo, Camariñas ou Fisterra, aproveitando a súa situación estratéxica entre A Coruña e Santiago de Compostela.

Se a túa estadía no noso municipio vai ser de varios días, podes tomar as indicacións deseñadas para a proposta de escapada dunha fin de semana en Zas, e se o prefires, adaptala a outros días da semana. A esta oferta aconsellámosche engadir a visita a Pico de Meda e á contorna do Rabiñoso.

O Pico de Meda, cos seus 566 metros de altura, é o punto máis elevado da localidade. Desde a súa cima, en días claros, poderás observar o Monte Pindo (Carnota) ou o Atlántico, desde Fisterra ata Arteixo,  e desfrutar das panorámicas do Val de Soneira. Alí, contemplarás animais en libertade: équidos e bóvidos, aves de presa e pequenos mamíferos (coellos, raposos). Na  atalaia do Pico de Meda nace o río Grande, o cual discorre polas terras zaenses ata desembocar na ría de Camariñas. Para acceder ao Pico de Meda deberás tomar a estrada local cara á parroquia de Gándara.

Pico de Meda

De volta, ao baixar, a dous kilómetros aproximadamente, propoñeemosche facer unha parada no lugar do Rabiñoso, espazo natural que transmite tranquilidade e sosego, un auténtico bosque de ribeira. O seu río sirve de fronteira entre dúas aldeas (Vilarramil e Moucos), entre dúas parroquias (Cuns e Gándara), entre dous municipios (Coristanco e Zas) e entre dúas comarcas (Bergantiños e Soneira). Na súa contorna poderás atopar dous muíños na zona de Zas e tres na de Coristanco, todos en mal estado de conservación, desafortunadamente.

Zas forma parte da comarca de Soneira, xunto a Vimianzo e Camariñas, lugares que deberás reservar algunhas xornadas para visitarlos. Da mesma maneira acontece con outros enclaves da Costa da Morte: Muxía, Fisterra, Corcubión, Cee,…

O noso municipio está localizado nun punto xeográfico case equidistante da cidade da Coruña (pouco máis de 60 km.) como de Santiago de Compostela (50 km. aproximadamente), o que o convirte nun enclave perfecto no triángulo A Coruña – Santiago – Costa da Morte.

Tags :
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.