Ponte de brandomil

Qué ver no Concello de Zas en 24 horas

Un só día pode parecer pouco para coñecer todo o que ofrece Zas, pero chega para levarse unha impresión inesquecible dun concello cheo de natureza, historia e tradición. Entre carballeiras centenarias, pazos señoriais, rutas fluviais e xacementos arqueolóxicos, cada paso permíteche mergullarte na esencia da Costa da Morte interior. Neste itinerario de 24 horas combinamos patrimonio, lecer e gastronomía local, propoñéndoche unha xornada completa que vai desde os encantos do pazo máis antigo de Galicia ata os vestixios do mundo romano en Brandomil. Prepárate para descubrir un territorio que sorprende tanto polo seu pasado como pola hospitalidade da súa xente e a beleza da súa paisaxe.

Que ver en Zas pola mañá

Se só dispós dun día para descubrir o noso municipio, aconsellámosche iniciar a xornada visitando o considerado primeiro pazo de Galicia, Torres do Allo, que che dará a benvida cunha espectacular avenida de carballos centenarios. Torres do Allo non só é un pazo, allí poderás desfrutar dunha contorna natural chea de historia coa súa igrexa renacentista, sos seus hórreos e o seu frondoso souto de castiñeiros.

Moi cerca, no núcleo urbano de Baio, atoparás un espazo natural, a súa carballeira, desde o cal iniciar unha pequena camiñata, bordeando o río Grande, ata chegar á área recreativa de Pedra Vixía. Polo camiño, verás antigos muíños, un rico patrimonio etnográfico en bo estado de conservación. Desafortunadamente, ese non é o estado no que atoparás o Dolmen de Pedra Vixía, restos pétreos de época megalítica localizados a pouca distancia deste espazo de lecer, seguindo a marxe esquerda do río.

Baio - Pedra Vixía

Xa de volta ao centro de Baio, e para rematar a mañá, se o desexas, poderás facer as túas compras nalgunha das numerosas tendas da localidade. Logo, aconsellámosche descansar das túas compras en calquera local de hostelería e desfrutar do seu bo e acolledor ambiente. Chegada a hora de xantar, podes elexir entre algún restaurante de Baio, ou se o prefires, desprazarte ata o núcleo urbano de Zas, desde onde partirá o percorrido da tarde. Sexa cal sexa a túa opción, asegurámosche que degustarás os mellores produtos gastronómicos da zona.

Que ver en Zas pola mañá pola tarde

A nosa proposta será dirixirte a un espazo revitalizante despois do xantar, á carballeira de Zas, escenario, cada primeiro sábado de agosto, dun dos festivais de música folk máis importantes de Galicia. Para isto, pasarás por diante da casa consistorial e a igrexa parroquial do século XVI. Despois de tomar aire fresco no medio de este contorno natural de gran valor paisaxístico, é momento de poñer rumbo cara ao sur do municipio, cara á histórica parroquia de Brandomil, con xacementos arqueolóxicos de relevancia. Alí, poderás subirte ao lombo da súa ponte sobre o río Xallas e trasladarte, con imaxinación, á época dos romanos. Daqueles anos son os restos (aras, columnas, ménsulas) que poderás observar paseando polo lugar, xa que foron reutilizados polos veciños para as súas construcións particulares.

Merendero Brandomil

Se o desexas e o tiempo non apremia, existe unha ruta deseñada que continúa pola estrada de Muxía para coñecer un dos grandes monumentos megalíticos de Galicia, o Dolmen de Arca da Piosa, visitando primeiro Pozo Limideiro, unha antiga explotación aurífera, probablemente da era romana.

Cando caia a noite e precises coller forzas e descansar, no municipio de Zas atoparás hostais, casas rurais e pensións onde poder aloxarte.

Ponte de brandomil
Tags :
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 Xaneiro, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 Xaneiro, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.