Programa de actividades de verán 2017

Cursos, campamentos, excursións, rutas de sendeirismo, teatro, cine, exposicións, música, actividades deportivas, xogos, obradoiros de manualidades … 

A partir do luns, 26 de xuño

  • Zas: no Centro Sociocultural (981 751 398)
  • Baio: no Centro Sociocultural (981 718 056)

Horario: de luns a venres de 9:30h. a 14h.

É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.

* As persoas non empadroadas participarán no caso de non cubrirse as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas.

Inchables, tobogáns acuáticos na piscina, touro mecánico, festa da espuma,… e merendaremos con flocos de millo e moito máis…

  • Destinatarios/as: nenos e nenas de todas as idades do Concello de Zas
  • Lugar onde se realiza: campo de fútbol e piscina municipal de Zas
  • Horario: 16h. a 20h.
  • Data: Sábado, 1 de xullo
  • Entrada: De balde
  • Requisitos: é necesario traer o bañador e chanclas para a piscina
  • Destinatarios/as: todas as idades
  • Lugar onde se realiza: piscinas municipais de Zas e Baio
  • Horario: a concretar cos monitores/as nas piscinas
  • Datas: xullo e agosto
  • Requisitos: ter o carné da piscina (faise no Concello e nos Centros Socioculturais)
  • Destinatarios/as: de 8 a 14 anos
  • Lugar onde se realiza: aulas de informática dos centros socioculturais de Zas e Baio
  • Horario: de 10h. a 12h.
  • Datas: 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo (Zas) e 11, 12, 13, 14 e 18 de xullo (Baio)
  • Nº de prazas: 12 por localidade
  • Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
  • Inscricións: ata o xoves 29 de xuño (Zas) e xoves 6 de xullo (Baio)

Actividades deportivas, xogos, dinámicas, obradoiros de manualidades, etc… para os/as máis pequenos/as

  • Destinatarios/as: de 4 a 12 anos
  • Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas
  • Horario: de 10h. a 14h.
  • Datas:  3, 4, 5, 6 e 7 de xullo (Baio) e 11, 12, 13, 14 e 18 de xullo (Zas) // 8, 9 e 10 de agosto (Baio) e 22, 23 e 24 (Zas)
  • Nº de prazas: 25 por localidade
  • Prezo: 5 € empadroados/as e 10 € non empadroados/as
  • Inscricións: ata os xoves 29 de xuño (Baio) e 6 de xuño (Zas), e 3 de agosto (Baio) e 17 de agosto (Zas)

Inclúe aloxamento en albergue, comidas e actividades: tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco, piragüismo, sendeirismo con orientación, manta raia, busca do tesouro, xogos, veladas e moito máis

  • Destinatarios/as: de 7 a 14 anos
  • Horario de saída: 9:15h. (Baio -Torre Penedo) e 9:30h. (Zas – Concello)
  • Datas: mércores 19, xoves 20 e venres 21 de xullo
  • Nº de prazas: 45
  • Prezo: 50 € empadroados/as e 95 € non empadroados/as
  • Requisitos: é obrigatorio levar saco de durmir
  • Inscricións: ata o mércores 12 de xullo

* No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase sorteo o xoves 13 de xullo.

Datas, lugares, películas e horario:

  • Sábado 22 de xullo. Torres do Allo. “A Esmorga”. 22:30h.
  • Sábado 29 de xullo. Ponte de Brandomil.“A praia dos afogados”.22:30h.
  • Sábado 12 de agosto. Fornelos. “Pradolongo”. 22h.

Prezo: De balde

Aprenderemos sobre a Idade do bronce a través dunha visita guiada, observaremos petroglifos e a reconstrución dunha aldea da época. Ademais, tamén participaremos en dous obradoiros: “A voltas co lume” e “Caza na Prehistoria”.

  • Destinatarios/as: de 7 a 16 anos
  • Horario de saída: 10h. (Zas – Concello) e 10:15h. (Baio –Torre Penedo)
  • Horario de chegada: 20h. aprox.
  • Data: xoves, 27 de xullo
  • Nº de prazas: 50
  • Prezo: 6 € empadroados/as e 10 € non empadroados/as
  • Requisitos: deberán levar comida e merenda, roupa cómoda e crema solar.
  • Inscricións: ata o venres 21 de xullo

Percorrido en moto clásica (máis de 25 anos). Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar

  • Lugar: saída de Baio Hora: 10h.
  • Data: domingo, 30 de xullo
  • Prezo: 15 € que se ingresarán no nº de conta: ES60 0238 8208 8507 0201 1416 (Banco Pastor) indicando a/as persoa/s que fan o ingreso
  • Inscricións: ata o xoves 27 de xullo no 698 178 654. Haberá que mandar copia do xustificante de pago a motosjosi@gmail.com
  • Teatro, música, obradoiros, exposicións, etc…
  • Datas: do 30 de xullo ao 6 de agosto
  • Observacións: realizarase publicidade específica para estas actividades
  • Rutas de sendeirismo polo Concello de Zas
  • Destinatarios/as: maiores de 7 anos e persoas adultas
  • Saída: praza do concello ás 10h
  • Datas: 11, 18 e 25 de agosto
  • Requisitos: roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida van por conta dos/as participantes
  • Inscricións: ata o xoves anterior á realización da ruta

Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar.

  • Destinatarios/as: maiores de 6 anos e persoas adultas
  • Horario: saída da praza do concello ás 10:30h.
  • Data: domingo, 13 de agosto
  • Nº de prazas: sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
  • Prezo: de balde
  • Requisitos: é obrigatorio o uso de casco
  • Inscricións: ata o xoves 10 de agosto
  • Destinatarios/as: de 8 a 16 anos
  • Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda
  • Horario de saída: 10h. (Zas – Concello) e 10:15h. (Baio –Torre Penedo)
  • Horario de chegada: 20h. aprox.
  • Data: xoves, 17 de agosto
  • Nº de prazas: 100
  • Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
  • Requisitos: deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina.
  • Inscricións: ata o xoves 10 de agosto
  • Data: agosto, * pendente de concretar

Todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30h.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.