Sumateacorrente1

Os bioindicadores constatan a boa calidade do río Grande ao seu paso por Baio

Técnicos ambientais de ADEGA e voluntarios analizaron as auga do río durante a xornada de portas abertas que tivo lugar esta mañá no marco da campaña #SúmateáCorrente

Onte pola mañá púxose en marcha a nova campaña de voluntariado ambiental #SúmateáCorrente da Asociación Ecoloxista ADEGA que se inclúe dentro do emblemático Proxecto Ríos. Foi unha xornada de portas abertas, organizada pola entidade ecoloxista xunto co Concello de Zas, que se desenvolveu ao longo na contorna da Carballeira de Baio.

Acompañados dun grupo de veciños e veciñas, os técnicos de ADEGA analizaron a calidade das augas do río Grande no tramo comprendido entre a Praza Jorge Mira Pérez e a Carballeira de Baio. Durante a xornada identificouse a flora típica de ribeira, onde hai unha alta presenza de especies autóctonoas; analizouse a calidade físico-química da auga e realizouse o índice de macroinvertebrados. Como resultado, todos estes valores “constatan a boa calidade das augas”.

Segundo indicaron os técnicos, as diferentes especies detectadas son uns claros bioindicadores das augas. Durante a xornada detectáronse catro, cando o habitual son tres, familias de insectos acuáticos usadas como marcadores da calidade das augas pola súa sensibilidade á contaminación. Segundo indica o Alcalde, Manuel Muíño, que tamén asistiu á xornada medíronse outros valores químicos como o pH, o oxíseno, os nitratos e a temperatura da auga nos que se obtivo uns niveis óptimos. O programa continúa grazas ao compromiso de dúas voluntarias ambientais que recollerán de forma periódica distintas medicións co fin de analizar a saúde das augas.

Ao inicio da xornada, os técnicos de ADEGA explicaron todas as actividades e obxectivos do emblemático Proxecto Ríos que busca unir ríos e persoas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.