cartaz_entroido_2024

Obradoiros, unha festa de disfraces e un concurso con 1.750€ en premios animarán o Entroido de Zas

O martes de entroido, 13 de febreiro, celebrase no poliderpotivo municipal de Zas o tradicional concurso de disfraces con actividades para os máis novos e filloas á pedra

Xa está aquí unha das festas máis agardadas do ano: o entroido. E en Zas temos preparado un programa especial para celebrar con obradoiros, festa, concurso de disfraces e filloas á pedra. Detallámolas todas a continuación:

OBRADOIROS INFANTÍS

Coma sempre, relizaremos un obradoiro infantil os días 12 e 13 de febreiro, aproveitando as vacacións escolares, e co fin de facilitar a conciliación laboral das nosas familias. Será en horario de 11:00 a 13:00 horas e realizarase nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio. A asistencia é gratuíta e será necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056.

FESTA DE ENTROIDO

O sábado de entroido, 10 de febreiro, faremos unha festa na que os máis novos da casa serán os protagonistas. Celebraremola no polideportivo municipal de Baio a partir das 17:00 horas e haberá inchables, talleres de maquillaxe, xogos, baile e moita festa coa música que nos poñerá DJ Rokiño. Tamén haberá doces de entroido e cantina a cargo do alumnado de 4º da ESO do IES de Baio para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

CONCURSO DE DISFRACES

A programación de Entroido organizada polo Concello de Zas remata o martes, día 13 de febreiro, co tradicional concurso de disfraces no que repartiremos 1.750€ en premios. A festa comezará a partir das 16:00 horas no polideportivo municipal de Zas e haberá tamén inchables, pintacaras, música, cantina e filloas á pedra para todos e todas. A partir das 19:00 horas comeza o concurso de disfraces no que haberá os seguintes premios:

Categoría A (de 0 a 5 anos)

  • 1º premio: 150€
  • 2º premio: 75€
  • 3º premio: 50€

Categoría B (de 6 a 14 anos)

  • 1º premio: 150€
  • 2º premio: 75€
  • 3º premio: 50€

Categoría C (máis de 15 anos)

  • 1º premio: 250€
  • 2º premio: 150€
  • 3º premio: 100€

Grupos (máis de 3 compoñentes)

  • 1º premio: 300€
  • 2º premio: 200€
  • 3º premio: 100€

Tamén haberá o premio especial “Zaschoqueiro” de 100€ ao disfraz máis orixinal e peculiar ataviado de xeito artesanal e estrafalario. 

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias do Concello ou ben o propio día do concurso antes das 18:00 horas no propio polideportivo. As bases do concurso tamén se poden consutar na Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240115090000181.html

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.