WhatsApp Image 2026 02 14 at 18.08.32

A veciñanza de Zas súmase á chamada do Concello para solucionar a falta de persoal sanitario nos centros de saúde

Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a súa postura este venres ante os problemas derivados da falta de persoal sanitario no centro de saúde de Zas: piden que se normalice canto antes a cobertura da praza dun dos médicos titulares no centro de saúde de Zas e que se cubra a praza  de pediatría. 

Durante a reunión informativa que tivo lugar no Centro Sociocultural de Zas, o alcalde Manuel Muíño explicou ao público asistente que están traballando para solucionar o máis pronto posible esta situación que está tendo un impacto directo na atención sanitaria da poboación desde hai un par de meses.

A primeira medida adoptada na xuntanza foi unha recollida de firmas para solicitar que se cubra de forma estable a praza de pediatra. “A situación que estamos a vivir no concello de Zas é insostible e irrespectuosa”, aclarou o rexedor, quen subliñou que “entendemos que a falta de persoal sanitario non é só un problema do noso concello pero o que non pode ser é que os nosos menores teñan que trasladarse ata o centro médico dun concello limítrofe como é Vimianzo para que os atendan, tendo como temos unha praza de pediatra no noso concello sen cubrir”. 

Pero á falta de pediatra no municipio de Zas tamén se unen as diferenzas para pedir unha cita médica en Vimianzo. “Os nosos veciños só poden pedir cita telefónica  pois non lles é posible facelo pola Internet a diferenza dos veciños de Vimianzo, que si teñen esa posibilidade”, explicou o alcalde. En conversas co SERGAS para solucionar esta diferenza de acceso, o organismo autonómico comunicou ao goberno local de Zas que isto se debe ao programa informático e que valorarán se se poden dar as peticións de cita online para a veciñanza de Zas.

Outra das situacións que se abordaron durante a reunión informativa foi a regularización da praza dun dos médicos titulares no centro de saúde de Zas. Desde o goberno local sinalan que nas últimas semanas unha das prazas de médico do centro de saúde laboral de Zas se cubre de xeito provisional por horas e que mesmo hai días nos que non hai posibilidade de consulta con ese médico. “Nun servizo esencial como é o da sanidade pública, e dentro desta, un servizo fundamental como é o da atención primaria, esta situación non se pode pospoñer máis”, destacou Muíño. O rexedor tamén expuxo que por informacións dadas dende o SERGAS, o día 23 deste mes este problema estará solucionado. “Confiaremos nesa marxe de espera pero estaremos vixiantes, pois esta situación ten que mudar xa”, subliñou.  

O alcalde agradeceu a participación da veciñanza nesta reunión informativa e recalcou que co apoio amosado sempre pola mesma durante todos estes anos o Concello tomará as medidas necesarias para que un dereito fundamental como é a sanidade pública no concello de Zas volva a normalidade.

WhatsApp Image 2026 02 14 at 18.08.32
WhatsApp Image 2026 02 14 at 18.08.32

Tags :
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.