‎trofeo sporting

O Sporting Zas organiza este domingo a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas

Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa se converteu en toda unha tradición para o fútbol local e para a veciñanza. Seguindo a alternancia habitual entre o Sporting Zas e o CD Baio, este ano serán os primeiros os que exerzan como organizadores e anfitrións dunha das últimas probas da pretempada para ámbolos dous clubs.

A xornada constará de dous partidos. O primeiro involucra a un terceiro conxunto, o FC Xallas B feminino, que saltará ao céspede para enfrontarse ao combinado feminino sénior do Sporting Zas ás 17:00 horas. O equipo de Santa Comba sucede, deste xeito, ao Santa Cruz CF, que disputou a pasada edición do Torneo, celebrada no Platas Reinoso de Baio.

Inmediatamente despois, ás 19:15 horas, terá lugar no mesmo escenario o derbi que protagonizarán os equipos masculinos sénior do Sporting Zas e o CD Baio. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que se trata dun “partido amigable con moita tradición e moi atractivo para os veciños e veciñas dos dous pobos, así como para a xente das voltas que se queira achegar, especialmente dende Santa Comba para animar ao seu equipo”.

O acceso ao Municipal de San Andrés para presenciar estes dous partidos será gratuíto, como vén sendo habitual nesta cita anual. “Moita xente bota de menos os domingos de fútbol durante o verán, así que esta é unha maneira moi especial de volver á rutina, xuntar á veciñanza e ver como chegan os dous clubs do Concello a unha tempada moi ilusionante”, asegura o alcalde.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.