pacto_estado_contra_violencia_zas

O obradoiro de xogos e máscaras “Eu son cabaleiro, princesa ou dragón?” triunfa nos centros educativos do Concello de Zas

Esta foi unha das actividades que se organizaron no marco da campaña do 25N contra a violencia de xénero

 

Un total de 112 alumnos e alumnas de Educación Primaria dos CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas participaron o pasado día 27 de novembro no obradoiro de xogos e máscaras “Eu son cabaleiro, princesa ou dragón?”.

Nos talleres, de hora e media de duración, empregouse o teatro para comprender dun xeito creativo e lúdico aspectos tan importantes como a diversidade de xénero, as violencias invisibles e aprender sobre o respecto e a integración da diversidade. O feito de que se tratara dun xeito tan creativo e participativo esta temática fixo que os obradoiros foran todo un éxito entre os máis novos. Esta foi unha actividade realizada con fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado Contra la Violencia de Género promovido por el Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad.   

Máis actividades do 25N 

Esta foi unha das actvidades postas en marcha polo Concello de Zas para conmemorar o 25 de novembro como o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Xunto con esta, tamén se desenvolveron outras actividades tales como unha marcha contra a violencia que se realizou o propio 25 de novembro e na que participaron escolares dos centros educativos do noso municipio, persoal dos distintos departamentos municipais e a propia veciñanza.  

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 Maio, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 Maio, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.