Mercado-SanRamon-Allo-Zas-2025

O Mercado de San Ramón regresa este domingo ás Torres do Allo con vinte postos de artesanía e moita música

Unto Vello encargarase de amenizar a sesión vermú a partir das 14:30 horas

A contorna das Torres do Allo acollen este domingo, día 31, unha nova edición do Mercado de San Ramón; unha das festas tradicionais da nosa contorna recuperada hai uns anos polo equipo de Goberno do Concello de Zas.

Un dos pratos fortes deste evento é feira de artesanía, que este ano contará cuns vinte expositores chegados dende distintos puntos de toda a comunidade e que ofrecerán produtos de todo tipo feitos artesanalmente como coiro, resina, artesanía en papel, palla, xoguetes, instrumentos musicais, bisutería, cesteiría… Os postos estarán abertos ao público de 11:00 a 19:00 horas.

As 12:00 horas realizaremos un obradoiro de modelado de barro dirixido a todas as persoas, independentemente da súa idade, e para o que é necesario anotarse previamente no 981 718 056. Durante a xornada tamén haberá unha demostración de fabricación de pandeiros.

Coma sempre, a música terá un protagonismo especial. O grupo Unto Vello será o encargado de amenizar a sesión vermú, a iso das 14:30 horas. E á tarde, a partir das 17:00 horas, Cé Orquesta Pantasma dirixirá un obradoiro sonoro para a rapazada seguido dun concerto co que pecharemos a festa. 

O Concello de Zas, ademáis de acondicionar a contorna para a ocasión, habilitará unha zona para todas aquelas persoas que queiran desfrutar da súa propia merenda na festa, tal e como se facía anos atrás. 

O Mercado de San Ramón é ademáis o encargado de pechar a programación de verán organizada polo Concello de Zas e que segundo indica o Alcalde, Manuel Muíño, “foi un éxito tanto na asistencia ás actividades como na calidade das mesmas”. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.