centro_saude_zas

O goberno municipal esixe que se restableza o servizo de Atención Primaria no Centro de Saúde de Zas

O Alcalde insta a Consellería de Sanidade a que se tomen con urxencia as medidas oportunas para que se cubra a tempo completo a baixa dun dous titulares

O goberno municipal de Zas súmase á indignación dos usuarios e usuarias do Centro de Saúde de Zas e esixe que se restableza canto o antes o servizo de Atención Primaria para garantir unha asistencia de calidade para toda a veciñanza.

Ademais de levar máis dun ano cun servizo de pediatría reducido a 15 horas semanais, os usuarios e usuarias do Centro de Saúde de Zas sofren importantes consecuencias debido á baixa dun dos dous titulares ofrecendose así un servizo de pouca calidade e poñendo en risco a saúde dos nosos veciños e veciñas. Masificacións nas consultas, retrasos de até 15 días nas citas de Atención Primaria, cupos desbordados, consultas abandonadas cando o outro sanitario do centro ten que atender unha urxencia,… son algunhas das situacións ás que se enfrontan día a día os nosos veciños e veciñas.

Ante as numerosas queixas cidadás, o Alcalde enviará hoxe mesmo unha petición á Consellería de Sanidade para trasladarlle o malestar da veciñanza e para reclamar unha urxente solución á situación actual. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño esixirá que por parte da Xunta, que é a administración competente en materia sanitaria, se adopten coa máxima urxencia as medidas precisas para que todos os veciños e veciñas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen.

O deterioro da sanidade pública é un problema que afecta a toda Galiza e que se agravou nos últimos meses especialmente no rural. A situación é ainda peor no caso do noso Concello, xa que son dous os titulares médicos – un deles está actualmente de baixa laboral – os encargados de atender o Centro de Saúde de Zas xunto cun especialista en pediatría que presta un total de 15 horas semanais repartidas entre os Centros de Saúde de Baio e de Zas. Así, ao longo do día son varias as horas nas que un único médico de familia atende aos seus pacientes e as urxencias.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.