Poema_CPI_ZAS

O CPI e o Concello de Zas levan a Rosalía de Castro aos establecementos comerciais

  • Ao longo dos próximos días poderanse ver distintos poemas escritos polos alumnos e alumnas nos que versionaron algúns dos seus poemas para darlle visibilidade á figura da muller

 

  • Con esta iniciativa, preténdese conmemorar dun xeito orixinal e participativo o Día de Rosalía e o Día da Muller

A relación de Rosalía de Castro co feminismo é estensa. Froito desta relación naceu unha iniciativa por parte do CPI de Zas e que, grazas á colaboración do Concello de Zas, sairá do centro educativo para estendenderase aos diferentes establecementos comerciais do noso municipio. Así, ao longo dos próximos días bares, restaurantes, tendas de roupa, ferreterías,… encheranse de poemas cos que se pretende conmemorar dun xeito orixinal e participativo o Día de Rosalía e o Día da Muller.

Os poemas están escritos polos nenos e nenas do CPI de Zas e para facelo toman como base o “Cantar hei, Galicia” e outros da obra de Rosalía de Castro e que versionaron facendo referencia á figura da muller.  Con esta iniciativa preténdese, por un lado celebrar o Día de Rosalía  – que se celebra este domingo 24 de febreiro coincidindo coa data do seu nacemento – e, por outra, darlle visibilidade á muller e conmemorar así o Día da Muller que se celebra mundialmente o próximo 8 de marzo.

Cada un dos poemas estará ilustrado dun debuxo e antes de que se distribúan polos distintos establecementos comerciais do noso municipio estarán expostos nun mural  no propio centro educativo.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.