2festa_carballeira_zas

O Concello de Zas solicitará a declaración da Festa da Carballeira como Festa de Interese Turístico de Galicia

A decisión aprobouse no Pleno Ordinario celebrado hoxe

A Corporación de Zas acordou no Pleno Ordinario celebrado esta mañá solicitar á Xunta de Galicia a declaración da Festa Carballeira de Zas como Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta é unha festa na que, tal e como sinalou o Alcalde de Zas – Manuel Muíño Espasandín -, se mantén a tradición e que é unha das poucas que hai deste estilo en Galicia.

Ésta non é a primeira vez que se fai a solicitude polo que “desta vez agardamos que consigamos que a Festa da Carballeira de Zas sexa declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia”, sinalou Manuel Muíño.

A Festa da Carballeira celébrase dende fai 35 anos na Carballeira de Velar de Zas. Dende os seus inicios, son moitas as persoas as que asisten a este festival polo que pasaron unha boa parte dos referentes da música folk do panorama nacional e internacional. Nos últimos anos o festival celébrase durante dous días e está acompañado dun completo programa paralelo e dunha Semana Cultural con actividades para todos os públicos ao longo de toda a semana previa á Festa da Carballeira.

 

Imaxe: Facebook Festa da Carballeira de Zas

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.