O Concello de Zas selecciona persoal para as dúas piscinas municipais

  • Publicadas as bases para a contratación de 2 socorristas e de 4 operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia
  • Os/as seleccionados/as desempeñarán as súas funcións nas piscinas de Baio e de Zas

Co inicio do verán ás portas, o Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación temporal de seis persoas de distintos perfís que desempeñarán as súas funcións nas piscinas municipais de Zas e de Baio.

Unha das bases é para a contratación temporal de dous socorristas acuáticos para as piscinas municipais de Zas e de Baio. As tarefas que desempeñarán serán as propias de seguridade, prevención e salvamento acuático ademais doutras funcións relacionadas con este posto de traballo.

As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do Concello de Zas (www.concellodezas.org)a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/692

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de cinco días hábiles, que comezarán a contar a partir de mañá martes, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.o 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso. Os/as aspirantes seleccionados/as serán contratados por obra ou servizo e a xornada completa durante os meses de xullo e agosto, coa posibilidade de ampliación ata o 15 de setembro en función da climatoloxía.

Operarios de mantemento, limpeza e vixilancia

Por outra parte, o Concello de Zas tamén acaba de publicar as bases para a contratación de 4 prazas de operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais de Zas e Baio. As persoas seleccionadas contrataranse durante os meses de xullo e agosto (con posibilidade de ampliarse ata o 15 de setembro en función da climatoloxía) cun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo durante e de 20 horas semanais.

Os/as interesados/as en participar teñen un prazo de catro días hábiles a contar a partir de mañá, martes, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.o 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición.

As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do Concello de Zas (www.concellodezas.org)a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/693.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.