homenaxe-labarta1

O Concello de Zas ríndelle unha emotiva homenaxe a Enrique Labarta Pose o día no que se cumplen 100 anos do seu falecemento

Foi nun acto que tivo lugar esta mañá na Praza Jorge Mira Pérez de Baio e no que participaron uns 200 estudantes dos tres centros de ensino do municipio, membros da Corporación Municipal, da Comisión Labarta, da Real Academia Galega e do Museo do Pobo Galego • Descubriuse un monumento na súa honra, fíxose un enterramento simbólico xunto cunha ofrenda floral e leuse o seu poema “Que me enterren aló!”

 

“Si por fado do Perello / morro lonxe da terriña, / anque sexa por correio / mandádema á miña aldea! / Si eiquí me enterran eu toleo! / Non me acostumo antre mortos / que non falan o gallego!”. Esta é unha parte do poema “Que me enterren aló!” de Enrique Labarta Pose recitado esta mañá por Alexandra Rilo, alumna do CEIP Labarta Pose, no acto de homenaxe ao bardo baiés organizado polo Concello de Zas con motivo da conmemoración dos 100 anos do seu falecemento. 

Tal día como hoxe, hai exactamente 100 anos, Enrique Labarta Pose falecía en Barcelona ao non superar as graves feridas sufridas uns días antes durante un accidente de tren. Pese ao esforzo do Concello de Zas por traer as súas cinzas, resultando imposible por estar nunha fosa común, dende esta mañá Enrique Labarta Pose xace de forma simbólica na Praza Jorge Mira Pérez ao carón dun fermoso monumento realizado polo escultor Marcos López descuberto hoxe mesmo. 

“A pegada de Labarta Pose non só se queda no Concello de Zas se non que abrangue a toda a Costa da Morte”. Así comezou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, o emotivo acto que reuniu a máis de 200 alumnos e alumnas dos tres centros de ensino do municipio; veciños e veciñas; membros da Comisión Labarta Pose; Ángel Labarta, parente do escritor; distintas personalidades da Costa da Morte; Rosario Álvarez, Presidenta do Consello da Cultura Galega; Concha Losada, Presidenta do Museo do Pobo Galego; Manolo González, membro numerario da Real Academia Galega; e María Dolores Sánchez Palomino, membro da Comisión Executiva da RAG. 

Durante esta merecida homenaxe, realizouse un acto simbólico do soterramento de Enrique Labarta Pose cumprindo dalgunha maneira o seu desexo de que os seus restos descasaran na vila que o viu nacer. Os nenos e nenas dos diferentes centros educativos do Concello encargáronse desta parte do acto xunto cunha ofrenda floral con 50 craveis brancos. 

“Labarta é un persoeiro do que nos podemos sentir orgullosos na historia cultural de Galicia. Foi un gran literato. Un extraordinario poeta que defendeu xa na súa época ás mulleres, a nosa fala, entre outros moitos temas”, destacou Manuel González, membro numerario da Real Academia Galega. Durante o acto tamén interviron outras autoridades presentes quen coincidiron en destacar a importancia da figura de Enrique Labarta Pose. 

O Alcalde, Manuel Muíño, encargouse de pechar a homenaxe incidindo en que “dende hoxe temos un anaco da súa alma con nós grazas a este soterramento de parte da súa obra e cunha escultura coa que o recordaremos cada vez que pasemos por aquí”. “Dende hoxe xace na Praza Jorge Mira un dos homes bos e xenerosos”, rematou. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.