salvamanteis_concello_zas2

O Concello de Zas reparte 3.000 salvamanteis con información turística do noso municipio

Un “mapa pirata” agocha tesouros para que os comensais planifiquen a súa visita mentras degustan un bo almorzo, xantar ou cea nalgún dos nosos lociais hostaleiros

Aproveitando a Semana Santa, unha das tempadas de maior actividade turística, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova iniciativa coa que se pretende, por un lado, apoiar ao sector hostaleiro do noso municipio e, por outro, promover os nosos principais atractivos turísticos.

Ao longo destes días repartiranse 3.000 salvamanteis individuais de papel nos diferentes locais hostaleiros do Concello de Zas de forma gratuíta. Desta forma, os comensais poderán planificar a súa visita ao noso municipio mentras degustan un bo almorzo, xantar ou cea en calquera dos locais do hostalería do Concello de Zas. 

Trátase dun deseño divertido cun mapa pirata de tesouros turísticos que temos no Concello de Zas; entre os que están Torres do Allo, a ruta da Auga, a Carballeira de Baio, Pico de Meda, o Dolmen Arca da Piosa, Brandomil, entre outros.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
Logo concello de zas colorido

Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.