cpi-zas1

O Concello de Zas realizou durante o verán distintas obras de mellora nos centros escolares

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo unha reunión co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, na que acordaron os traballos que realizarían cada unha das administracións

 

Ao igual que nos anos anteriores, o Concello de Zas aproveitou os meses de verán para realizar diferentes actuacións nos centros de ensino do noso municipio para poñer todo a punto para o novo curso escolar, que comeza hoxe, e dar resposta ás necesidades presentadas polos propios equipos directivos. 

Estas foron algunhas das reparacións máis importantes que se realizaron:

  • Escola Infantil Galiña Azul de Zas: Reparación de paredes e ventanais
  • CEIP Labarta Pose: Reparación de paredes e ventanais e diversas melloras no teito do patio cuberto. Nos próximos días tamén se sustituirán os canalóns do edificio novo.
  • CPI de Zas: Instalación de canaletas para desaugar e creación dunha nova zona de xogos no exterior do centro coa instalación de herba artificial e colectores de vidro que achegaron dende a ANPA do centro

Acordos coa Consellería de Educación

Algúns dos traballos acometidos ván máis alá das obrigas de conservación que lle corresponde ás administracións locais e que debería de asumir a Xunta de Galicia. Por iso, ante a necesidade e a urxencia destes traballos, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo unha reunión co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, na que acordaron as obras a realizar por cada unha das administracións. 

Pola súa banda, dende a Xunta de Galicia comprometeuse a reparar neste curso académico o tellado do edificio que alberga o comedor do CEIP Labarta Pose de Baio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.