1Torres_do_Allo

O Concello de Zas pon en valor a “ruta dos pazos barrocos” coa contratación de persoal técnico en patrimonio

Publicadas as bases da convocatoria para cubrir unha praza de técnico/a a xornada completa durante tres meses

 

Co fin de dispoñer de persoal especializado para poñer en valor a Ruta dos Pazos Barrocos, o Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación dun técnico/a de Patrimonio con carácter temporal.

As tarefas que deberá desempeñar a persoa seleccionada consistirán na elaboración de documentos de traballo e de guías didácticas sobre a Ruta dos pazos barrocos e outros recursos turísticos do municipio de Zas, a divulgación da ruta entre os distintos colectivos, a atención a visitantes individuais e en grupo ou a información turística aos visitantes polas distintos canles de comunicación; ademais de proporcionar información sobre recursos turísticos, culturais e naturais; realizar tarefas administrativas xerais e participar nos seminarios de formación en temas relacionados co turismo.

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de 4 días hábiles, que empezarán a contar a partir do luns, 3 de decembro, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición e o contrato terá unha duración de tres meses e a xornada completa. O Concello de Zas dispón para a prestación deste servizo dunha axuda da Deputación da Coruña dentro do Programa de subvención a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación durante o ano 2018.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.