Tellado CEIP LABARTA

O Concello de Zas lamenta a falta de resposta da Consellería de Educación ante as necesidades dos centros educativos de Baio e Zas

O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamenta a falta de resposta da Consellería de Educación ante as reiteradas peticións de reunión formuladas polo alcalde, Manuel Muíño, durante os últimos meses.

Tras as declaracións realizadas no Parlamento polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nas que se indica que a rehabilitación do CEIP Labarta Pose está en fase de redacción e pendente de completar o expediente administrativo-arquitectónico antes da súa licitación, o Concello subliña que este suposto proxecto leva xa máis de dous anos en fase de redacción. Despois de todo este tempo, a día de hoxe, non existe nin sequera una data concreta de finalización dese suposto proxecto e obviamente non existe ningún investimento efectivo comprometido nin calendario concreto de execución, nin para o Labarta Pose nin para o CEIP de Zas.

“O que precisamos son compromisos firmes, prazos e orzamentos reais. Mentres iso non exista, non podemos falar de investimentos efectivos”, sinala o alcalde, Manuel Muíño.

En relación coas referencias ao mantemento dos centros de Infantil e Primaria por parte do conselleiro, desde o Concello informáselle que as actuacións estruturais necesarias, como a renovación de cubertas, fachadas ou carpinterías, responden ao desgaste acumulado polo paso do tempo e requiren investimentos de maior entidade que exceden o mantemento ordinario.

Lembrámoslle ó conselleiro que en edificios de máis de 50 anos que nunca foron obxecto de ningún arranxo non se pode manter case nada, hai que cambiar todo porque todas as construcións e materiais teñen una vida útil. Para mostra, achegamos varias fotografías onde se pode ver o estado dalgúns canlóns e fiestras do CPI de Zas de máis de 30 anos, así como as uralitas de máis de 50 anos que teñen amianto do comedor do Labarta Pose.

O rexedor lembra ademais que, máis alá das cuestións competenciais, o Concello de Zas leva anos asumindo actuacións, xunto coas ANPAS e as dirección dos colexios, e gastos que non lle corresponden, co único obxectivo de mellorar as condicións dos nosos centros educativos. Entre outras intervencións, actuouse nos centros con obras no parque infantil do CPI en Zas, co aglomerado interior do Labarta Pose ou co arranxo da pista deportiva en Zas, entre os moitas actuacións que non temos espazo para poder enumerar aquí. Así mesmo, o Concello está a asumir o custe da enerxía eléctrica dos dous centros, con cerca de 4.000 euros mensuais entre os dous colexios.

 “O noso compromiso coa educación pública é firme e constante. Seguiremos colaborando e facendo o que estea na nosa man, pero tamén esixindo á Xunta que cumpra coas súas responsabilidades e que concrete os investimentos anunciados e corrixa as deficiencias denunciadas”, engade Muíño.

Ante esta situación, o Concello continuará solicitando unha reunión formal coa Consellería de Educación para abordar de maneira directa as necesidades do CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas, e traballará da man das ANPAs e da dirección dos mesmos para buscar solucións que permitan mellorar as condicións actuais mentres non se materialicen as actuacións estruturais precisas.

“O importante é garantir unhas instalacións educativas dignas e seguras para o noso alumnado. Esa vai seguir sendo a nosa prioridade”, conclúe o alcalde.

Canalons CPI ZAS (2)
Canalons CPI ZAS (1)
FIESTRAS
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.