Mellora_viaria_1

O Concello de Zas inviste máis de 70.000 euros na mellora da rede viaria das parroquias de Baio e Meanos

O goberno municipal de Zas continuará ao longo deste ano realizando melloras noutras vías do concello

 

Co fin de mellorar a accesibilidade e a estética da rede viaria municipal, o Concello de Zas vén de renovar o firme con aglomerado en varias vías do termo municipal con cargo ao  Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2017 e que en total supoñen un investimento de 70.890,16 euros.

Os traballos desenvolvéronse nos últimos meses nas parroquias de Meanos e de Baio. Concretamente as melloras realizáronse nos núcelos de Langueirón (en Meanos) e de A Braña (en Baio) onde as obras consistiron na limpeza e apertura das cunetas, no fresado das zonas onde foi necesario e na posterior renovación do firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de groso que en total supoñen cerca de 7.600 metros cadrados.

En ambos casos son obras demandadas pola veciñanza e que entran dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Concello de Zas. Ao longo deste ano, realizaranse máis melloras noutros viais municipais.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.