NP-ZAS-O-Concello-de-Zas-garante-a-continuidade-do-servizo-de-Correos-en-Baio

O Concello de Zas garante a continuidade do servizo de Correos en Baio

O Concello de Zas garante que Baio seguirá contando cun servizo de Correos, evitando que a veciñanza teña que desprazarse a outros municipios para realizar as súas xestións. Esta medida fai fronte á xubilación da actual funcionaria, propietaria do local de Correos, prevista para o 31 de decembro, que podería ter provocado a perda deste servizo esencial.

Co obxectivo de evitar calquera interrupción, o Concello actuou de inmediato. En apenas 15 días desde que se recibiu o aviso, habilitouse un novo local xunto ao Centro Sociocultural de Baio, que conta coas instalacións necesarias para que a oficina poida operar con normalidade.

O novo espazo mantén o mesmo horario de atención que ata agora, abrindo de 8:30 a 11:30 horas, garantindo así a continuidade dun servizo imprescindible para a veciñanza, especialmente para persoas maiores ou con dificultades para desprazarse. Estará en funcionamento a partir de xaneiro de 2026, abrindo as súas portas o vindeiro luns, 5 de xaneiro.

A actuación incluíu a realización de pequenas obras de adecuación para adaptalo ás necesidades do servizo postal, todo co obxectivo de manter o servizo igual que ata o de agora. Grazas a este esforzo, a veciñanza de Baio poderá seguir realizando todas as súas xestións postais sen ter que desprazarse a Vimianzo ou Santa Comba, mantendo a comodidade e a proximidade do servizo.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “foi unha prioridade para nós asegurar que Baio non perdese un servizo tan esencial. Sabemos o importante que é para os nosos veciños e veciñas poder realizar as súas xestións sen ter que desprazarse”. Na mesma liña, o rexedor apuntou que “o Concello fixo un esforzo importante para habilitar este novo espazo en tempo récord, demostrando que seguimos comprometidos coa defensa dos servizos públicos en todo o noso municipio. Esta actuación é un exemplo do noso compromiso co rural e coa calidade de vida da nosa veciñanza.”

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.