envio-libros-labarta-bibliotecas-publicas-costa-da-morte

O Concello de Zas envía un exemplar da “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose e outro do libro infantil “O Poeta da Terra” a todas as bibliotecas públicas dos 17 municipios da Costa da Morte

O Concello de Zas vén da dar un chanzo máis na difusión e posta en valor da figura de Enrique Labarta Pose. Nos vindeiros días todas as bibliotecas municipais dos dezasete concellos que forman a Costa da Morte terán nas súas estanterías un exemplar da “Antoloxía Poética” de Labarta e outro do primeiro libro infantil sobre o autor e que leva por título “O Poeta da Terra”. Con este envío, o Concello de Zas repartiu xa cerca de 1.000 libros sobre Enrique Labarta Pose entre bibliotecas públicas, escolares, centros de ensino e membros da Real Academia Galega. 

“Labarta é coñecido en toda a comunidade galega e o que pretendemos con este envío de dous exemplares diferentes a todas as biblioteca municipais da comarca é achegar a súa obra e a súa figura a toda a veciñanza”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Os libros

A “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose recolle unha selección dos seus poemas máis destacados. Está editado por Xosé Manuel Varela e Xosé María Rei Lema e publicouse no pasado mes de maio dentro da colección de Clásicos Colección Letras Galegas da Editorial Galaxia coa colaboración do Concello de Zas.

O outro dos libros que se envía é “O Poeta da Terra”; o primeiro libro dirixido ao público infantil sobre Enrique Labarta Pose. Recolle, dun xeito moi visual, algúns dos fragmentos máis relevantes da súa obra e outros datos curiosos sobre a súa vida. O libro, que saiu á luz no pasado mes de outubro, foi publicado polo Concello de Zas e Lela Edicións. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 Maio, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 Maio, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.