25N-2022-ConcelloZas

O Concello de Zas conmemora o 25N cun programa de actividades centrado en loitar contra a violencia machista dende as idades máis temperás

O 25 de novembro realizarase unha exhibición de voado de cometas de cor violeta dende a praza do Concello

 

O Concello de Zas vén de dar a coñecer o programa de actividades que se realizarán ao redor do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que se conmemora cada 25 de novembro. 

Ao igual que se vén facendo nos anos anteriores, a maior parte das actividades que compoñen o programa desenvolveranse nos diferentes centros de ensino do noso municipio co fin de loitar contra a violencia machista dende as idades máis temperás.

O programa, deseñado pola Concellería de Muller, Xuventude e Igualdade. en coordinación co Centro de Información á Muller -CIM- do Concello de Zas, arranca o xoves 24 de novembro co contacontos teatralizado “O ratiño presumido”, de Trinke Trinke Teatro. Haberá dúas funcións escolares; unha ás 10:25 horas no CPI de Zas e a outra ás 12:45 horas no CEIP Labarta Pose.

As actividades continuarán o propio 25N e ás 10:00 horas realizarase na praza do Concello de Zas unha exhibición de voado de cometas de cor violeta na que participarán as alumnas e os alumnos dos diferentes centros de ensino do noso municipio. Para iso, realizarase nos días previos un obradoiro para a realización destas cometas no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose. Un pouco máis tarde, ás 12:45 horas, terá lugar no IES Maximino Romero de Lema unha charla que leva por título “Dependencia emocional como factor de risco na violencia de xénero” e que impartirá Enrique Delgado Zayas, doutorado en Psicoloxía; e Patricia Rodríguez Villar, psicóloga de CIM de Zas. Esta mesma charla, levarase o día 9 de decembro ao CPI de Zas. 

A programación do 25N péchase o 12 de decembro co encontro-debate “Hai saída grazas a ti” que se realizará no CPI de Zas e que conducirá Elsa Rodríguez Prieto, licenciada en Psicopedagoxía.

“Defensa das mulleres”, de Enrique Labarta Pose

O programa do 25N do Concello de Zas inclúe outras campañas de información e sensibilización dirixidas a toda a veciñanza. E por iso, nos vindeiros días colocaranse no Centro Sociocultural de Zas e no Centro Sociocultural de Baio diferentes fragmentos do poema “Defensa das mulleres” de Enrique Labarta Pose. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.