bolsas-estudo-2025-2026

O Concello de Zas abre o prazo de solicitude das Bolsas de Estudos para o curso 2025-2026

Repartiranse 29.100€ en 180 bolsas que van dende os 120€ ata os 360€, en función dos estudos que se realicen e en base a unha serie de baremos Con esta iniciativa, posta en marcha hai case 15 anos, o equipo de Goberno Municipal ten como obxectivo fomentar a educación e os estudos do alumnado

 

Dende hoxe e ata o vindeiro 12 de novembro, as familias empadroadas no noso municipio poden solicitar as axudas incluídas na Bolsa de Estudos 2025-2026 que concede o Concello de Zas. Os principais beneficiarios destas axudas serán as familias con menores recursos económicos do municipio sendo compatibles con calquera outra beca que perciban polo mesmo concepto. 

O Concello de Zas destina a esta iniciativa un total de 29.100€ dos fondos municipais que se repartirán en 180 bolsas, cuxo importe vai dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen e dunha serie de baremos; tales como a situación económica familias, o número de membros que integren a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a.

Esta é unha iniciativa impulsada polo equipo de goberno do BNG de Zas e que se realiza dende hai case quince anos coa finalidade de colaborar coas familias que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e, desta forma, facer efectivo o principio de igualdade no dereito a educación.

Entre os requisitos para acceder a estas axudas figuran que a unidade familiar debe de estar empadroada no Concello de Zas e que as persoas beneficiarias deberán estar matriculadas no presente curso escolar nas seguintes etapas e niveis educativos:

  • Ensinanza Primaria.
  • ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos (medios e superiores).
  • Universidade (agás Másters e Estudos de Posgrao).

Como facer a solicitude?

As solicitudes poderán presentarse dende hoxe ata o 12 de novembro (ambos incluídos) e tramitaranse preferentemente de forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Zas premendo no botón “Solicitud General” e a continuación “Iniciar trámite”; ou ben no Rexistro Xeral do Concello de Zas.  

As persoas que soliciten a Bolsa de Estudos 2025-2026 deberán presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude: Anexo I (obrigatorio).
  • Fotocopia do DNI do/da alumno/a e do solicitante (pai, nai ou titor) cando sexa menor de idade (obrigatorio).
  • Fotocopia do Libro de familia (obrigatorio).
  • Fotocopia da matrícula no centro escolar ou universitario ou certificado do centro, según Anexo II (obrigatorio).
  • Fotocopia do Boletín de notas ou expediente académico das cualificacións do curso 2024/2025 (obrigatorio).
  • Declaración responsable conforme o anexo III (obrigatorio).
  • De ser o caso, fotocopia do certificado do grao de discapacidade no caso de que algún fillo esté afectado por ela, ou resolución de invalidez.
  • Certificado da entidade bancaria no que conste o código de conta do cliente para percibir a axuda. O titular de dita conta deberá coincidir co solicitante da axuda (obrigatorio).
  • Fotocopia da declaración da renda do ano 2024. As unidades familiares exentas desta obriga deberán acreditar a situación, xuntando a seguinte documentación: (obrigatorio).
  • Para o membros activos laboralmente, certificado de Facenda do ano 2024.
  • Acreditación, por calquera medio axustado a dereito, de percibir ou non algunha prestación ou pensión (INEM, Seguridade Social, Xunta…).
  • No caso de ser familia monoparental, deberase aportar ademais:
  • Sentenza de separación ou divorcio e/ou convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, ou xustificante de viuvez, de ser o caso.

Na seguinte ligazón poden consultarse as bases completas da presente convocatoria: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251029090014561.html

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.