Cartel expo ismael galego

O Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova exposición coas obras do pintor Ismael Galego

O vindeiro luns, ás 18:00 horas, terá lugar a inauguración desta mostra que se pode visitar ata o 12 de decembro

O Concello de Zas continúa coa súa aposta pola cultura e as artes plásticas cunha nova exposición no Centro Sociocultural de Baio.

O pintor Ismael Galego trae as súas obras nas cales plasma paisaxes e elementos emblemáticos do noso país, como hórreos, festas, portas, rúas,… cunha técnica realista. Ismael Galego naceu en Agolada (Pontevedra) e é enxeñeiro de formación, profesión que exerceu ata o ano 2014. Nese momento comezou a dedicarse á pintura, descubrindo unha faceta artística que se convertería na súa verdadeira paixón.

A través das súas obras, Ismael Gallego convídanos a viaxar polos recunchos máis auténticos de Galicia, capturando a beleza da vida cotiá e o encanto das nosas paisaxes. A súa pintura é unha homenaxe á terra, á tradicioón e á mirada curiosa.

Inauguración

O vindeiro luns, 3 de novembro, ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da exposición na que estarán o propio pintor xunto co Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

A mostra poderá verse ata o 12 de decembro co seguinte horario de visita:

  • De martes a venres, de 15:30 a 20:30 horas.
  • Sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Esta é a segunda mostra que forma parte do ciclo de exposicións no Centro Sociocultural de Baio iniciado este mes de outubro e que se estenderá ata o mes de maio.

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.