curso-uso-caixeiros-baio

O Centro Sociocultural de Baio acolle o 18 de maio un curso sobre o uso de caixeiros

Esta é unha actividade dirixida principalmente a persoas maiores e que se inclúe dentro do programa de educación financeira de Abanca

 

O Centro Sociocultural de Baio acolle o vindeiro 18 de maio un curso sobre o uso de caixeiros de forma fácil e segura. Esta é unha actividade dirixida principalmente a persoas maiores e que ten como obxectivo aprender a usar os caixeiros automáticos para facer as operacións máis habituais en calquera momento. 

A formación, enmarcada no Programa de Educación Financeira de Abanca, comeza ás 10:30 horas e despois dunha pequena charla introductoria, os/as asistentes desprazaranse xunto cun monitor a un caixeiro para aplicar os coñecementos. A duración aproximada desta formación é de dúas horas.

Para poder participar é necesario anotarse previamente na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 (Isabel). 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...