zas-baile-maiores-outubro-2025

Mañá comeza no Centro Sociocultural de Zas unha nova tempada do programa de Baile para Maiores

Haberá sesións de música en directo todos os sábados de 19:00 a 22:00 horas

Mañá sábado comeza unha nova edición do programa de Baile para Maiores que se desenvolverá todos os sábados de 19:00 a 22:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. Cada sábado contaremos cunha actuación de música en directo e o encargado de animar a primeira sesión, a de mañá día 11 de outubro, será o dúo Mar da Vila. Seguiranlle Blanca Doble (o 18 de outubro) e o dúo Mar de Caión (25 de outubro).

Este é un programa posto en marcha polo Concello de Zas dende hai máis de dez anos  que se prolongará ata o verán cunha variedade de actuacións musicais coas que se lles ofrece unha alternativa de ocio e de socialización aos nosos maiores. 

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.