Ponte parque empresarial o allo

Mañá ábrese ao tráfico a nova ponte de acceso ao parque empresarial de O Allo

Conta con dous carrís de circulación, un en cada sentido, e unha franxa peonil de 1,5 metros

Mañá, a partir das 09:00 horas, quedará aberta ao tráfico a nova ponte de acceso ao Parque Empresarial de O Allo e a que será unha das portas de entrada ao Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte. 

O Concello de Zas investiu un total de 162.785,03€ nestes traballos que tiveron unha duración de tres meses e que se inclúen no plan de mellora da rede de estradas municipais. As obras consistiron na demolición da antiga ponte, o acondicionamento do cauce e na colocación dunhas vigas prefabricadas que son as que sosteñen un taboleiro de case nove metros de ancho que permiten que a ponte teña agora dous carrís de circulación, un en cada sentido, e unha franxa peonil de 1,5 metros.

Esta mañá, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla; achegáronse ata a zona. “Coa nova ponte mellórase de forma considerable o acceso ao Parque Empresarial de O Allo facilitando a entrada a camións e outros vehículos de gran volume e tamén será unha das portas de entrada ao Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte que xa está en marcha despois de varios meses de xestións administrativas”, sinalou o rexedor.  

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.