Máis de 300 persoas asistirán a xornada “Co liño e cos tempos” que se celebra este sábado nas Torres do Allo

A partir das 17:30 horas haberá diferentes relatorios, un desfile de prendas elaboradas con liño, teatro e unha degustación de viandas típicas dos fiadeiros

Máis de 300 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na xornada “Co liño e cos tempos” que se celebra este sábado, día 21, a partir das 17:30 horas no xardín do pazo das Torres do Allo. Este é un evento organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Zas e a asociación “Amigos do Liño”. 

Entre os asistentes contaremos con veciños e veciñas de diferentes localidades de toda a comunidade galega e tamén asistirán representantes de distintas entidades e asociacións. Este é o programa:

  • 17:00 – 17:30 horas: Recepción de participantes
  • 17:30 – 17:45 horas: Acto de inauguración do evento presentado por Jorge Mira Pérez
  • 17:45 – 18:45 horas: Relatorios:
  • Fiando o liño e a identidade da Costa da Morte. Rosa María Sánchez, profesional do Desenvolvemento Local
  • Sostibilidade e futuro: tecidos con liño. Manuel Escourido Calvo, coordinador e docente do grao de Xestión Insdustrial da Moda da Universidade da Coruña
  • 18:45 – 19:15 horas: Desfile con prendas de liño
  • 19:15 – 19:30 horas: Parodia teatral de Teté Teatro de Salto 
  • 19:30 – 20:00 horas: Clausura
  • 20:00 – 21:00 horas: Degustación inspirada na viandas dos fiadeiros amenizada por un grupo musical
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.