dia-do-libro-zas1

Máis de 200 nenos e nenas coñeceron e debuxaron a Enrique Labarta Pose no Día do Libro

Máis de 200 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose participaron esta mañá no contacontos “O Poeta da Terra”, de Polo Correo
do Vento.

Esta foi unha actividade organizada polo Concello de Zas con motivo do Día Internacional do Libro, que se conmemora cada 23 de abril, e que se engloba dentro da programación especial dos 100 anos do pasamento de Enrique Labarta Pose.

O contacontos “O Poeta da Terra” representouse no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose. O espectáculo dividiuse en dúas partes. Na primeira, os membros de Polo Correo do Vento
encargáronse de contarlle á rapazada aqueles aspectos máis impotantes da vida e obra de Labarta ao mesmo tempo que realizaban unha caricatura do noso polifacético veciño. E na segunda parte, o alumnado fixo o seu propio debuxo de Labarta guiados polo debuxante.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e a Concelleira de Educación, Pilar García; tamén quixeron achegarse ata os centros de ensino para presentarlles este espectáculo e convidalos a
mergullarse no mundo da lectura.

Este contacontos naceu ao mesmo tempo que o primeiro libro infantil adicado a Labarta e que tamén leva por título “O Poeta da Terra”. O Concello de Zas, xunto con Lela Edicións, publicou este libro en outubro do ano pasado e xa se repartiron máis de 500 exemplares entre o alumnado do Concello de Zas e nos centros de ensino e bibliotecas municipais de toda a Costa da Morte.

Esta é unha nova acción do Goberno Municipal para dar a coñecer e poñer en valor a figura de Enrique Labarta Pose e conseguir que se lle adique o seu propio Día das Letras Galegas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Maio, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 Abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 Abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.