III_plan_rescate

III Plan de rescate para a persoas autónomas, profesionais e empresas afectadas pola COVID-19

Este plan de axudas da Xunta de Galicia está comportos por tres programas diferentes

Terceiro Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas por motivos da COVID-19, da Xunta de Galicia, está composto polos tres programas seguintes:

Programa I – de apoio ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva – TR600A

Este programa dotado con 150 millóns de euros, ten por obxecto a concesión de novas axudas económicas ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva no Imposto da renda das persoas físicas, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

 

 Máis información: https://oficinadoautonomo.gal/gl/programa-i-persoas-traballadoras-autonomas-en-rexime-de-estimacion-obxectiva-tr600a

Programa II – de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros – TR600B

Este novo programa, dotado tamén con 50 millóns de euros, ten por obxecto abordar a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras por conta allea ou empresas ata vinte e cinco persoas traballadoras por conta allea que tiveran no exercicio 2020 un volume de facturación de ata dous millóns de euros para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

Máis información: https://oficinadoautonomo.gal/gl/programa-ii-persoas-traballadoras-autonomas-individuais-e-persoas-traballadoras-autonomas-ou

 

Programa III – de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras – TR600C

Por último, este III programa de apoio ten un orzamento de 34,4 millóns de euros e o seu obxecto é achegar unha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras por conta allea e cun volume de facturación de más de dos millóns de euros no exercicio 2020, ou empresas con máis de vinte e cinco persoas traballadoras por conta allea para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

Máis información: https://oficinadoautonomo.gal/es/node/4291

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.