6545454698

O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil

O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación e posta en valor dun dos conxuntos arqueolóxicos máis relevantes de Galicia.

Con esta intervención, o investimento municipal destinado ao patrimonio arqueolóxico de Brandomil supera xa os 100.000 euros, unha cifra que inclúe tanto estas obras de consolidación como o financiamento das diferentes campañas de escavación desenvolvidas no xacemento romano de Pedra do Altar.

As escavacións, financiadas polo Concello de Zas, permitiron sacar á luz os vestixios dun importante asentamento romano no que destaca unha posible domus de época altoimperial, datada entre os séculos I e II da nosa era.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que “o patrimonio histórico é unha das grandes riquezas do noso municipio e temos a responsabilidade de conservalo e poñelo en valor para as xeracións futuras”. Neste sentido, subliña que “o esforzo económico realizado polo Concello demostra o compromiso decidido con Brandomil e coa recuperación dun legado arqueolóxico de enorme importancia, tanto desde o punto de vista histórico como cultural e turístico”.

Muíño sinala ademais que “cada actuación que levamos a cabo permite avanzar no coñecemento da nosa historia, polo que seguiremos apostando por impulsar proxectos que contribúan á protección, investigación e divulgación deste excepcional patrimonio”.

As obras de consolidación da calzada romana permitirán garantir a conservación deste elemento patrimonial e complementar o traballo desenvolvido nos últimos anos no conxunto arqueolóxico.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
Logo concello de zas colorido

Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.