Zas-Visitas guiadas Brandomil veran 2025

Este verán volven as visitas guiadas a Brandomil que se relizarán os luns, mércores e venres

O Concello de Zas e a Fundación Brandomil poñen en marcha este programa co se pretende dar a coñecer o seu patrimonio histórico e arqueolóxico

O Concello de Zas e a Fundación Brandomil poñen en marcha, un ano máis, o programa de visitas guiadas de verán ao patrimonio histórico e arqueolóxico de Brandomil. 

Esta iniciativa, xa consolidada no calendario cultural e turístico do municipio, ten como  obxectivo dar a coñecer a riqueza patrimonial desta contorna única. Como novidade desta edición, increméntase a frecuencia das visitas, que pasarán a realizarse os luns, mércores e venres ás 12:00 horas, fronte ao único día ofertado en anos anteriores. As visitas desenvolveranse entre o 15 de xuño e o 31 de agosto e serán totalmente gratuítas, aínda que é necesaria a inscrición previa a través do formulario https://bit.ly/visitasbrandomil25 ou chamando ao 981 71 80 56. Tamén se ofertan visitas concertadas para grupos fóra dos días establecidos. 

Este programa de divulgación patrimonial representa un compromiso firme coa posta en valor do legado histórico de Brandomil, promovendo tanto o seu coñecemento como a súa protección, ao tempo que se dinamiza a actividade turística e cultural do municipio. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.