visitas_teatralizadas_torres_do_allo

Esta Semana Santa volven as visitas teatralizadas ás Torres do Allo

A Ruta dos Pazos e Brandomil e a súa contorna son outros dos recursos de interese turístico que ofrece o noso municipio

Os distintos espazos de interese turístico do noso concello xa están preparados para recibir os días fortes da Semana Santa. Nos últimos anos, o Concello de Zas é un punto de parada obrigada para os amantes da natureza e do patrimonio cultural polo que o goberno municipal leva varios anos traballando para poñer en valor estes recursos e para promocionalos co fin de que iso repercuta na economía local.

As Torres do Allo é o lugar máis visitado do noso municipio e, un ano máis, a oferta de actividades amplíanse nestas datas. O pazo máis antigo de Galiza abre todos os días de 11:00 a 20:00 horas onde ademais de ver a exposición fotográfica LembranZas, os visitantes poden realizar unha visita guiada que se realizan todos os días ás 13:00 e ás 17:00 horas. Ademais, o venres e sábado (19 e 20 de abril) volven as visitas teatralizadas que serán ás 19:00 horas. Todas as actividades son de balde.

Este non é o único monumento que temos nas nosas terras xa que calquera das 16 parroquias que compoñen o Concello de Zas alberga un importante patrimonio natural e cultural que se pode ceñecer a través da Ruta dos Pazos.

Brandomil é outros dos puntos que son parada obrigada dentro do noso municipio. Para coñecer a ponte romana e a súa contorna, o Concello de Zas deseñou a Ruta de Brandomil para realizar a pé e en coche e na se percorren o castro de Brandomil, os restos romanos que se poden atopar no lugar, o pozo de Limideiro e a Arca da Piosa.

Ademais destes lugares, o Concello de Zas agocha unha enorme cantidade de paraxes naturais (tales como as carballeiras de Zas e de Baio) que xunto coa oferta gastronómica e comercial fan que o noso municipio sexa un punto de referencia para os visitantes.  

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 Outubro, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.