2coordinador_socorrismo_concellozas

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Tal e como estaba previsto no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local a  Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

 

AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio) de 660 horas de duración, e 15 prazas.

 

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección e unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

 

Está dirixido a menores de 30 anos e desempregaos da provincia da Coruña, que estean inscritas no ficheiro nacional de Garantía Xove e que ademáis cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade
  • Estar empadroado/a nalgun dos concellos da provincia da Coruña
  • Accesp a requisitos inscrición en Garantía xuvenil
  • Estar en posesión do título de bacharelato, ou ben certificado de profesionalidade nivel 3 , ou ver certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional: Actividades físicas e deportivas, área de prevención e recuperación; ou ben cumprir co requisito académico de acceso a ciclos formativos de grado superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administración educativas: ou ben ter superado a proba de acceso á Universidade para maior de 25 anos,; ou ben ter os coñecementos formativos  e/ ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamente nesta formación. 

Os veciños e veciñas do Concello de Zas interesadas en participar poden inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (Isabel), no tel. 981708303.

O prazo de inscición para os empadronados no Concello de Zas, finaliza o 13 de novembro.

No caso de que haxa máis incritos que prazas realizarase un proceso de selección.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.