cmat_lanza_programa_formativo_para_mejorar_la_gestion_promocion_servicios_turisticos_costa_da_morte_1642523245

CMAT lanza un plan formativo gratuito en aloxamentos e hostalería

É financiado pola Deputación da Coruña e está dirixido a persoas desempregadas

Costa da Morte Asociación Turística organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputación da Coruña para formar desempregados en cociña, restauración e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector.

A presidenta da CMAT destaca que a iniciativa “servirá para que as empresas turísticas do xeodestino melloren o seu posicionamento e as competencias dos seus profesionais”

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) lanza un programa de formación gratuito denominado Mellora na xestión e promoción de servizos turísticos da Costa da Morte dirixido a traballadores censados nalgún dos 17 concellos do xeodestino en situación de desemprego ou afectados por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE). A iniciativa, financiada pola Deputación da Coruña, desenvólvese de xeito presencial no Fórum de Carballo na última semana de xaneiro e no mes de febreiro de 2022. “Este plan formativo diseñouse e pónse en marcha para axudar ao noso xeodestino turístico e ás súas empresas a mellorar tanto o seu posicionamento como as competencias dos seus profesionais”, destaca Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT e alcaldesa do Concello de Vimianzo, quen lembra que “a formación dos traballadores no sector turístico é fundamental para ofrecer un turismo de calidade, de excelencia”.

O programa formativo organizado pola CMAT, que comeza agora nunha primeira fase de 105 horas e que terá continuidade ao longo do ano, inclúe tres cursos: Axudante de cociñaServizo de bar e restaurante e Técnicas de procedementos de limpeza en aloxamentos turísticos. Os interesados en inscribirse _haberá vinte prazas por especialidade_ deberán estar empadroados nalgún dos 17 concellos da Costa da Morte (Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas).

A presidenta da CMAT explica que a asociación que preside, tras contactar e coñecer as necesidades do ecosistema turístico, “tomou nota e púsoxe a traballar no deseño, organización e lanzamento deste plan formativo que agora inicia o seu percorrido”. “Tivemos constancia de que faltaba persoal cualificado como axudantes de cociña ou no servizo de hostelería e de aloxamentos turísticos”, indica Mónica Rodríguez, quen sinala que “así cubrimos o oco que faltaba na formación dos nosos futuros traballadores ao tempo que incentivamos a contratación de persoal da Costa da Morte”.

PROGRAMA FORMATIVO CMAT. Xaneiro/febreiro do 2022. Lugar: Fórum de Carballo.

  • Servizo en restaurantes e bares. 35 horas. Días 1, 2, 3, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro. De 17:00 a 20:30 horas.
  • Axudante de cociña. 40 horas. Días 2, 3, 4, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro de 16:30 a 20:30 horas.
  • Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos. 30 horas. Días 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 e 21 de febreiro de 17:00 a 20:45.

Inscríbete no formulario.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.